Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2024

Milladoiro ofrecerá un concerto especial cheo de sorpresas para celebrar os seus 45 anos de historia o vindeiro domingo 19

A actuación celebrarase no Palacio da Ópera e as entradas están á venda a través de Ataquilla a un prezo de 12 euros máis gastos

O lendario grupo de folk galego Milladoiro celebra este 2024 o seu 45º aniversario cun concerto especial na Coruña. O evento terá lugar o vindeiro domingo 19 de maio no Palacio da Ópera e as entradas xa están á venda en Ataquilla a un prezo de 12 euros máis gastos de xestión.

A actuación conmemora o primeiro concerto da formación, que tivo lugar o 15 de maio de 1979 no Auditorio dos Salesianos e estivo organizado polo Ateneo. 45 anos despois ofrecen un recital especial cun repertorio único e cheo de sorpresas, que non podería ter mellor localización que a cidade que os viu nacer. A banda, formada actualmente por Xosé V. Ferreirós, Nando Casal, Moncho García, Harry.c, Manú Conde e Manuel Riveiro.

A banda recibiu recoñecementos senlleiros como o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro no ano 1985, o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por "La Mitad del Cielo" en 1986; o premio da Música concedido pola SGAE e AIE; a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); e a Medalla de Ouro de Galicia (2012). Entre os escenarios que visitou a banda ao longo dos anos destacan a Cathedral of St. John the Divine de Nova York, a Casa Internacional da Música de Moscú, ou o Ryutsu Center de Tokio, entre outros moitos.

Este concerto súmase a outras citas programadas polo Goberno de Inés Rey como o ciclo Folk no Colón ou o concerto de fin de xira das Tanxugueiras no Coliseum, apostando pola música galega. As entradas, dende 12 euros máis gastos de xestión, poderán mercarse a través de Ataquilla ou no despacho de billetes da Praza de Ourense.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión